Melloran a sinalización que leva a Sobreira de Siador, en Silleda

0

Silleda, 18 de agosto do 2021 – O concello de Silleda ven de poñer en valor a Sobreira de Siador cunha mellora da sinalización que marca o camiño e un panel informativo sobre a árbore.

Silleda afronta estas melloras para a Sobreira ao abeiro da orde de Medio Ambiente pola que se establecen axudas para a conservación, protección e melloras das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras, do que forma parte este exemplar dende o ano 2009.

A proposta incluíu dotación de varias sinais direccionais para chegar ata o lugar de Penadagra (no cruce xunto ás Pedrosas e no que vai dende a PO-201 ata o citado lugar) así como un panel informativo cas características desta árbore senlleira.

A sobreira de Siador, con máis de 500 anos de antigüidade, foi incluída pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza en xullo do ano 2009 no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia, da Consellería de Medio Ambiente.

Esta distinción, coa protección e significado que conleva, supuxo un fito a nivel municipal e comarcal, ao recoñecerse a importancia deste exemplar de gran porte e cunha enorme significación histórica e cultural en Silleda.

Aínda que situada nunha parcela privada, propiedade de D. Manuel López Rivas, a zona onde se situa a Sobreira de Siador foi acondicionada pouco antes da súa inclusión no catálogo, de acordo coa familia propietaria, co adencetamento da mesma, e a colocación dun peche de madeira, así coma dous pequenos paneis informativos no que se da conta das características e singularidades desta árbore.

Este exemplar de Quercus Suber L. é todo un símbolo para a veciñanza de Silleda, sendo testemuña do devir histórico da localidade e a día de hoxe a única árbore senlleira do municipio que figura no catálogo da Xunta de Galicia.

Con esta  proposta, e tamén de acordo coa familia propietaria da parcela, búscase continuar poñendo en valor esta árbore, que conta cun diámetro (a 1,30 metros de altura) de 2,7 metros, unha distancia de copa de 30 metros e un perímetro de 8 metros.

A sobreira de Siador, situada tamén preto do recinto do santuario saletino, (onde tamén se colocou unha sinal direccional)  foi ademais protagonista en varias ocasións da celebración do Día Mundial da Árbore.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial