Melloran os accesos ás Illas de Gres en Vila de Cruces

0

Vila de Cruces, 6 de abril do 2021 – O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, visitou os traballos de mellora dos accesos ás Illas de Gres en Vila de Cruces.

O proxecto das Illas de Gres forma parte das iniciativas levadas a cabo desde a Axencia de Turismo de Galicia con motivo do dobre Ano Santo Xacobeo 2021-2022. O obxectivo é potenciar as zonas rurais e as contornas rurais.

A obra principal consistiu no reemprazo da pavimentación asfáltica existente no acceso á ponte medieval, a contorna da capela de San Xoán de Gres e ás propias insuas co obxectivo de mellorar a imaxe dunha paraxe de gran valor natural.

Para buscar unha estética común a todo este espazo, procedeuse á substitución da capa de rodadura por adoquíns de pedra do país en cor escura para manter unha unidade cromática coa ponte e os muros do templo.

A actuación consistiu na roza e limpeza da zona, a demolición do firme existente, a apertura dunha caixa no solo, o corte da pavimentación e a dotación de lastras en materiais nobres nunha superficie de 265 m2. Así mesmo, tamén se canalizou de xeito subterráneo o alumeado público, dotándoo de luminarias led, e procedeuse á conexión do saneamento de augas pluviais á rede existente. O investimento realizado superou os 35.000 euros.

Luís López estivo acompañado na visita polo alcalde de Vila de Cruces, Luis Taboada. O Delegado explicou que “Dende a Xunta de Galicia levamos tempo traballando arreo na mellora de todas as infraestruturas turísticas, agora con especial interese nas vencelladas ao Camiño de Santiago por motivos lóxicos, porque estamos moi confiados en que a vacinación fronte á covid-19 pode facer que, nuns meses, deixemos atrás a pandemia e o noso Ano Santo sexa o revulsivo socioeconómico que precisamos, polo que temos que ter todo nas mellores condicións para os millóns de visitantes que poden vir”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial