Melloras en estradas de Santiago, Arzúa e Barbanza

0

Bisbarra, 22 de xuño do 2021 – A conselleira de Infraestruturas adxudicou obras de mellora en 3 estradas autonómicas nas comarcas de Santiago, de Arzúa e do Barbanza.

As obras teñen un prazo de execución de 6 meses e comezarán na primeira quincena de xullo. O investimento supera os oitocentos cincoenta e mil euros.

Imaxe de arquivo

As actuacións consistirán no acondicionamento da capa de rodadura nos treitos máis deteriorados da estrada AC-453, de Roxos a Portomouro; da estrada AC-960, desde A Susana ata o límite con Vila de Cruces; e da AC-305, entre Padrón e Ribeira.

Estas obras levaranse a cabo nos distintos tramos da citadas vías autonómicas, ao seu paso polos concellos de Santiago, de Ames, do Val do Dubra, de Boqueixón, de Touro e de Boiro.

Os traballos nas zonas máis deterioradas centraranse no fresado e na reposición do firme, en anchos variables, dependendo da posición e extensión das deficiencias. Nas zonas co firme fisurado pero sen deformación a rehabilitación consistirá na extensión dunha capa de rodadura en todo o ancho do carril.

A intervención da Xunta completarase coa reposición da sinalización horizontal e do balizamento, ademais do repintado nas zonas nas que se realice o fresado e a mellora do firme.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial