Melloras na escola infantil O Bosque, de Ames

0

Ames, 12 de febreiro do 2021 – O Concello de Ames, en colaboración coa Deputación da Coruña, vai realizar obras de mellora térmica da cuberta e fachadas da escola infantil municipal O Bosque, en Bertamiráns.

A actuación ten un orzamento de 78.920,40 euros, dos que 52.000 euros corresponden á Deputación e 26.920,40 euros ao concello de Ames. Esta semana o Servizo de Patrimonio e Contratación da Deputación aprobou o proxecto técnico que será levado ao pleno municipal para que posteriormente sexa licitado polo ente provincial.

Problemas de filtracións

A escola infantil O Bosque, en Bertamiráns, presenta na actualidade problemas de estanqueidade en cuberta así como filtracións de auga pola súa base nas zonas onde se atopa a rentes co pavimento existente.

A finalidade das obras é deter o deterioro ao que se atopa sometida a cuberta da edificación existente, mellorando a eficiencia enerxética da mesma. Ao mesmo tempo, plantéxase unha nova envolvente que mellore o comportamento térmico do mesmo. Terá lugar un leve aumento da altura da cuberta dado a solución proposta, respectando a normativa vixente e os parámetros que establece o PXOM do Concello de Ames.

O concelleiro de Educación, David Santomil, explica que “o obxectivo destas obras é acondicionar a cuberta e mailas fachadas desta escola infantil municipal e ao mesmo tempo mellorar tamén ás condicións térmicas do edificio. Estas obras poderanse realizar grazas á colaboración da Deputación da Coruña, que achega arredor do 65% do importe do orzamento do proxecto. O 35% restante do orzamento achegarao o Concello de Ames a través de fondos propios no Orzamento 2021”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial