Melloras na estrada que une Paramos e Vilar da Torre na Baña

0

A Baña, 12 de novembro do 2021 – A Deputación da Coruña destinará 200.000 euros ao arranxo da estrada entre Vilar da Torre e Paramos.

O orzamento e a obra douna a coñecer o deputado Antonio Leira no transcurso dunha visita ao concello para manter unha reunión co alcalde, José Antonio Pereira. O proxecto será aprobado no pleno do organismo provincial de este mes de novembro.

Antonio Leira informou ao rexedor de que a Deputación provincial vaille conceder ao Concello da Baña unha subvención total de 375.875,06 euros para financiar a mellora da pavimentación da vía pública que discorre entre Vilar da Torre e Paramos. Ao vindeiro pleno do organismo provincial levarase a primeira fase de execución dos traballos, orzamentada en 200.000 euros. Quedarán pendentes de outorgar despois, de cara a unha segunda fase, outros 175.875,06 euros. Estas dúas cantidades cubrirán un 80 por cento do total dos 469.843,83 euros que custa a obra.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial