Melloras na Fervenza das Hortas de Arzúa

0

Arzúa, 9 de abril do 2021 – O concello de Arzúa renova a Rota da Fervenza das Hortas cun investimento de 50.000 euros.

A concellería de Turismo de Arzúa, que dirixe a edil socialista Begoña Balado, leva traballando nos últimos meses no acondicionamento da Fervenza das Hortas para que estivera dispoñible esta Semana Santa.

O Roteiro da Fervenza das Hortas é un dos maiores patrimonios inmateriais do concello de Arzúa, un percorrido ao longo dos seus 21 kms ofrece ao camiñante a beleza incomparable da natureza en estado puro.

O Roteiro é o único do municipio que está homologado pola Federación Galega de Montañismo. Conta con esta distinción dende o ano 2015 ao lograr cumprir dende aquela coa normativa existente a nivel de sendeiros.

Rota da Fervenza das Hortas

A Fervenza das Hortas comeza no lugar da Fonte Santa e dende aí, e sempre á beira do Río Carracedo, achegase á coñecida como Costa da Torrente, de 160 metros de lonxitude e un 30% de desnivel. Ao final desta pronunciada pendente divísase un inmenso val que abrangue todo o núcleo urbano de Arzúa e núcleos rurais como Lema e Pastoriza.

Chega a Maroxo atravesando frondosas carballeiras á marxe mesma do río e achégase ata os Muíños de Roque, atravesa a ponte que hai no lugar e vai ata Brandeso, sempre por camiños tradicionais. A rota chega ata Viñós onde comeza a vislumbrarse o encoro de Portodemouros.

A ruta vai ao carón do embalse ao longo duns 500 metros, pasa pola área de descanso e chega ata o Museo do Mel, dende alí sube ao lugar das Hortas e finaliza na fervenza, lugar no que o goberno local fixo un importante traballo de conservación e mantemento.

Melloras máis destacadas

Os traballos na Fervenza das Hortas consistiron na retirada das árbores que dado o seu mal estado de conservación impedían un tránsito seguro polo sendeiro; reparouse a varanda que acompaña o descendo á base da cascada e tamén a baixada. Procedeuse á limpeza da poza na base da fervenza e acondicionouse o tellado do muíño situado ao carón da mesma.

Este proxecto de mellora contempla tamén a colocación de tres paneis informativos, un deles situarase na Fonte Santa, outro no mirador de Maroxo e un terceiro na zona de aparcamento antes de descender á base da fervenza. Está prevista tamén a colocación de 4 bancos e outras tantas papeleiras na contorna así como a completa renovación de toda a sinalización do sendeiro.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial