Melloras para a cuberta e a carpintería do CPI dos Dices en Rois

0

Rois, 13 de maio do 2021 – A Xunta de Galicia investirá máis de catrocentos mil euros para renovar as cubertas e a carpintería do CPI dos Dices en Rois.

Os traballos qque se desenvolveran no colexio de Rois mellorarán considerablemente o confort do alumnado e a eficiencia enerxética do edificio. Coas novas condicións o CPI adaptarase  ás novas esixencias construtivas establecidas no Plan de nova arquitectura pedagóxica de Galicia.

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e o alcalde de Rois, Ramón Tojo, visitaron o colexio, e explicáronlle á directora, Ana María Couselo, ao equipo directivo e a Patricia Lenzós, representante da ANPA.

O investimento total na actuación é de 464.000 euros. Os traballos consistirán na substitución do acabado de cubertas existentes, de placas de fibrocemento, por paneis de aceiro con illante intermedio, así como a renovación dos calóns e baixantes.

O proxecto inclúe tamén a substitución das carpinterías exteriores e persianas. Colocarase unha nova carpintería de aluminio anodizado con apertura oscilobatente e con dobre acristalamento.

As obras teñen un prazo de execución de dous meses, polo que se espera que estean rematadas cando comece o vindeiro curso escolar.

Segundo explicou GOnzalo Trenor esta actuación ten por obxectivo primordial mellorar o confort do alumnado e do profesorado.  Coa renovación cumpriránse as pautas marcadas no Plan da nova arquitectura pedagóxica de Galicia da Xunta, que se atopa en fase de diálogo con diversos colectivos para o seu enriquecemento.

Trenor lembrou que a Xunta ten “a obriga e a responsabilidade de coidar ao máximo os centros educativos, xa que é o lugar onde os nosos fillos e fillas pasan a meirande parte do seu tempo, e non só para a adquisición de coñecementos, senón tamén para interactuar cos seus compañeiros, xogar e aprender a socializar”.

Ramón Tojo agradeceulle á Xunta este forte investimento no CPI dos Dices, que vai “redundar nunha mellora da calidade educativa no concello de Rois”, sinalou. O alcalde indicou que para o vindeiro curso, alumnado e profesorado de Rois poderán “volver estrear un novo centro, con importantes melloras, aínda que o edificio teña xa corenta anos”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial