Melloras na seguridade viaria da Barquiña, en Negreira

0

Negreira, 19 de xaneiro do 2022 – A Axencia Galega de Infraestruturas rematou as melloras na seguridade viaria na zona da Barquiña en Negreira.

A reforma na estrada AC 447 na zona da Barquiña foi un requerimento do concello de Negreira. Trátase dun punto negro, no que se teñen producido bastantes accidentes, a altura do cruce que comunica con A Chancela.

.A intervención consistiu no pintado dunha semiglorieta, no espazo da antiga estrada comarcal, para que os vehículos procedentes de A Pontemaceira, poidan facer o xiro á esquerda cara A Chancela. Este cambio mellorará a seguridade ao non ter estes vehículos que parar no medio do viario para facelo xiro. Agora, deben circunvalar a semiglorieta e facer a parada obrigatoria antes de cruzar a calzada.

Dita actuación completouse co pintado dunha dobre liña no centro da calzada que impide adiantar neste tramo en recta. Nos últimos anos producíronse accidentes de tráfico graves co resultado dunha persoa falecida no ano 2018.

Dende hai anos o Concello de Negreira viña demandando á Xunta de Galicia que actuáse nese punto negro como titular da vía. Dase a circunstancia ademais de que tamén é un paso obrigado de peregrinos de entrada a Negreira polo Camiño de Fisterra e Muxía.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies