“Merca en Melide” distribuirá 1300 tarxetas prepago para usar nos comercios da vila

0

Melide, 30 de agosto do 2021 – O concello de Melide impulsa a segunda parte da campaña “Merca en Melide” en colaboración coa Asociación de Empresarios Terra de Melide (Asetem).

O obxectivo é promover e reactivar a economía municipal, impulsando o consumo nos establecementos comerciais e na hostalería de Melide. Entre o 1 e o 17 de setembro os veciños poderán solicitar unha das 1.300 tarxetas prepago.

Estas  tarxetas terán un importe de 50 euros, dos cales o usuario/a aboará 30 euros, facéndose cargo o Concello de Melide dos 20 euros restantes.  As tarxetas poderán ser empregadas nos establecementos locais entre o 27 de setembro e o 31 de outubro.

As tarxetas poderán solicitarse no Edificio Multiusos, en horario ininterrompido de 10:00 a 14:30h de luns a venres. O concelleiro de Promoción Económica e Facenda, Xosé Igrexas, destaca que “ con esta campaña e as levadas acabo dende principios deste ano, conseguiuse un impacto económico no  noso concello de preto de medio millón de euros, un gran esforzo que fixemos dende o Goberno Local do Concello de Melide en apoio ao comercio de proximidade.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial