Mercedes Peón pechará cunha clase maxistral un obradoiro en Brión

0

Brión, 21 de maio do 2021 – O concello de brión organiza un obradoiro de pandeireta, baile galego, gaita e percusión que pechará Mercedes Peón cunha clase maxistral.

O curso de Brión está dirixido a persoas que estaban matriculadas nas Escolas de Danza e Música Tradicional suspendidas pola pandemia, serán os primeiros obradoiros que se realicen tras a Covid-19

O obradoiro celebrarase do 24 de maio ao 5 de xuño na Carballeira de Santa Minia trasladándose, en caso de choiva, á sala municipal de exposicións. Trátase dos primeiros obradoiros formativos que se recuperan en Brión tras a Covid-19.

Dende o Departamento de Cultura, a concelleira Sandy Cebral explica que “o obxectivo desta actividade é darlle continuidade aos grupos que conforman as distintas agrupacións das Escolas de Danza e Música Tradicionais do Concello, xa que este ano non foi posible comezar con estas actividades e buscamos, cando menos, que estas persoas teñan a oportunidade de manter un mínimo contacto coa música durante este curso, preparar o vindeiro curso e apoiar a nosa cultura local”.

O Concello de Brión dará a oportunidade de participar a aquelas persoas que, non estando inscritas o ano pasado, desexen iniciarase nestas disciplinas.

Estes obradoiros finalizarán o 5 de xuño cunha conferencia e clase maxistral ofrecida por Mercedes Peón, que estará acompañada polos profesores Ana Fernández e Santiago Lage.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial