Metrominutos para os concellos Ágora de Pontevedra

0

Bisbarra, 3 de febreiro do 2021 – Os concellos da rede Ágora da Deputación de Pontevedra contarán con metrominutos creados co apoio do organismo provincial.

Na bisbarra os concellos de Silleda e Vila de Cruces están dentro da rede Ágora polo que poderán optar á potenciación da mobilidade sostible por medio da creación de metrominutos específicos.

Metrominutos

Metrominuto é unha iniciativa creada en Pontevedra como resultado dun laboratorio de ideas sobre mobilidade. En 2013  recibiu o Premio  Intermodes, outorgado pola Axencia Europea e que fomenta o desenvolvemento da  intermodalidade no transporte.

Na primeira fase o proxecto consiste na creación dun mapa sinóptico, do estilo dos que se usan nos metros. Publícase fisicamente, sinalízase a cidade e dáselle difusión.

Os metrominutos adoitan incluír códigos visuais dos mapas de metro que mide distancias e tempos camiñando entre os principais  puntos de centralidade (servizos, prazas, parques, centros de barrio…)  de cada vila ou cidade de calquera tamaño.

A súa finalidade é desdramatizar a cultura do camiñar, poñendo en evidencia a proximidade entre lugares recoñecibles, ademais de resaltar a importancia de ir construíndo cidades compactas, densas e diversificadas, onde as necesidades da vida cotiá poden resolverse en traxectos curtos a pé.

Actualmente  máis dunha vintena de urbes  españolas e europeas como Londres, Torres  Vedras (Portugal),  Toulouse (Francia),  Poznan e  Bydgoszcz (ambas as en Polonia) ou  Florencia (Italia) inspiráronse neste proxecto para fomentar un modelo de mobilidade  má s sostible nas súas cidades.

Metrominutos para os concellos Ágora

A Deputación de Pontevedra impulsou a rede de concellos Ágora. Son concellos que se comprometen a a realizar políticas de recuperación dos seus espazos públicos e a

fomentar as mobilidades alternativas nos seus termos municipais. Na bisbarra de Compostela pertencen á rede Silleda e Vila de Cruces.

O deputado Uxío Benítez mantivo unha reunión con alcaldes e alcaldesas para presentar a ferramenta, que se adaptará ás características de dispersión dos núcleos e vilas da provincia. Na reunión participou persoal da rede Cidades que camiñan que se encargarán dos deseños.

Os responsables municipais manifestáronse interesados na proposta, remitindo xa as primeiras solicitudes formais, que se concederán por orde de chegada.

Uxío Benítez explicaba que a reunión foi un éxito “Esta é unha experiencia piloto que se vai probar, xa que o territorio da provincia de Pontevedra non é o mesmo que o de núcleos urbanos e compactos.  Temos que ver de que maneira melloramos iso e facemos metrominutos máis adaptados á nosa realidade dispersa”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial