Mobilización dos colectivos da Casa do Matadoiro de Compostela

0

Compostela, 28 de maio do 2021 – Os colectivos que veñen traballando na Casa do Matadoiro de Compostela convocan unha manifestación para este domingo.

A concentración terá lugar diante da Casa do Matadoiro ás doce do mediodía. Os colectivos reclaman que se reubiquen ás súas actividades noutro espazo mentres duren as obras no edificio.

Un espazo autoxestionado

A Casa do Matadoiro funciona como un espazo autoxestionado polos propios colectivos que o usan desde o 2017. Os convocantes da protestan explican que desde esa data realízanse actividades de teatro, ioga, baile veciñal, batukada, costura, canto, autodefensa, etc.

O pasado mes de abril o concello de santiago mudo a pechadura da Casa do Matadoiro sen previo aviso á Asamblea de Coordinación o que deixo sen acceso aos seus materiales aos distintos colectivos.

Boa relación

Ata ese momento, explican desde a Coordinadora, “tanto coa anterior corporación municipal de Compostela Aberta, como coa actual do PSOE, mantívose unha fluída e correcta comunicación, polo que non entendemos que agora rompan de xeito unilateral esta comunicación, mudando a pechadura da porta sen previo aviso e deixándonos na rúa”.

Na reunión mantida co Concello “o único que obtivemos foi unha explicación deslabazada do estado de deterioro da Casa e a comunicación dunhas futuras obras sen data de comezo nin previsión de duración. Dannos un ultimátum para retirar o material da Casa sen ofertarnos alternativas”.

A coordinadora pide recuperar o espazo, ser reubicados mentres duren as obras, e un compromiso por escrito por parte do Concello da devolución do espazo ao colectivo cando rematen ese traballos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial