Moción de censura en Santa Comba (audios)

0

Santa Comba, 2 de xuño do 2021 – O Partido Popular de Santa Comba presentou este martes unha moción de censura contra o alcalde de Compromiso Por Galicia David Barbeira.

A moción conta con dúas firmas socialistas para poder saír adiante. A do voceiro, José Antonio Ucha, e a número dous, Cristina Fajín. Dase a circunstancia de que a voceira popular María José Pose foi a que hai cinco anos, en maio do 2016, presentara unha moción de censura contra José Antonio con apoio de Terra Galega.

A moción chega despois dun pleno extraordinario forzado polo partido socialista. O grupo de José Antonio Ucha quería un posicionamento do alcalde sobre si mantería o acordo de rotación de dous anos. David Barbeira non limitouse a explicar unha longa lista de situacións e desencontros dos últimos dous anos e que rematou dicindolle a Ucha que chegara o momento de que “quitara a máscara”

Antes de dar por rematada a sesión Barbeira foi incluso máis duro ao dicirlle ao voceiro socialista que non era quen para dar leccións

A posición do Psoe

Lindeiros falaba na tarde de onte con José Antonio Ucha. O voceiro socialista xustifica que se faga agora por sentirse obrigados a manter a palabra de deixar gobernar dous anos a Compromiso

Preguntado por si non tiveron a oportunidade nas xuntas de goberno, ao ser maioría, de tomar decisión, Ucha explica que en concellos pequenos este órgano é meramente consultivo

Ucha defende a moción polo ben de Santa Comba

Quixemos ter unha posición dos órganos do partido sobre o apoio a unha moción presentada polo PP pero o Psoe mantén un hermetismo absoluto sobre si tomará medidas contra os firmantes da moción.

A posición do PP

María José Pose limitouse no pleno a lembrar que o PP foi a lista máis votada e a pedir que o alcalde lles dera a documentación de distintos asuntos

A partir do día 15, se non hai cambios, Pose poderá consultar esa documentación ela mesma ao converterse en alcaldesa de Santa Comba grazas a moción. Será a segunda vez que chega ao cargo de esa forma.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial