A Fundación Montescola analiza as responsabilidades penais no desvio de regatos en Touro

0

Touro, 15 de decembro do 2020 – A Fundación Montescola pon o seu equipo xurídico a disposición da mobilización veciñal de Touro co fin de parar o proxecto de desvío de regatos proposto pola mina.

Montescola encargou un informe pericial que foi presentado ante Augas de Galicia. O documento obrigou a un procedemento de revisión de oficio do proxecto de drenaxe temporal presentado pola mina de Touro. Esta é a primeira acción do “Fondo de Defensa Ambiental Comunitaria” da Fundación Montescola, unha iniciativa que dará apoio técnico a comunidades locais fronte as accións destrutivas contra o medioambiente.

A resolución de Augas de Galicia da que falabamos o pasado día 3 e considerada polo equipo xurídico da Fundación Montescola “disparatado”. En base ao informe elaborado instouse á Administración para realizar unha revisión de oficio desa resolución, anulándoa e procedendo a adoptar medidas eficaces para frear a contaminación.

Fronte o afirmado por Augas de Galicia, que negaba que os leitos en cuestión procedesen de “fontes naturais” senón que se tratarían de “ augas de drenaxes que debe xestionar a explotadora dá mina”, o informe pericial demostra a existencia de leitos naturais que xa aparecían na cartografía histórica anterior á explotación mineira. De feito, moitos veciños de Touro acórdanse de como baixo a monumental balsa de lodos existía unha zona de brañas, que foi totalmente destruída nos anos 70′.

Según a Fundación a Resolución de Augas de Galicia “non só se fundamentaba en afirmacións manifestamente falsas, senón que implicaría que a supresión material de leitos fluviais, ao desnaturalizarlos, convértese en permanente e supón conceder unha autorización de uso privativo de forma encuberta”.

Esta teórica “privatización” fixo que o equipo xurídico da Fundación estea a analizar as posibles responsabilidades penais, unha vez que as Administracións implicadas son plenamente coñecedoras da gravidade da contaminación desde hai máis de dúas décadas, sen que adoptasen ningunha medida eficaz para parar ou controlar a contaminación.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial