Mortandade de gaivotas no encoro de Vilagudín

0

Bisbarra, 9 de setembro do 2021 – O encoro de Vilagudín apareceu estes días con gaivotas mortas ou paralizadas según denuncian veciños e ecoloxistas nas redes sociais.

O encoro de Vilagudín atópase entre os concellos de Ordes, Tordoia e Cerceda. Esta semana o denunciaba nas redes sociais o naturalista Manuel Freire quen explicaba que existían ducias de gaivotas afectdas, unhas mortas desde hai días e outras enfermas ao seu carón.

imaxe Manuel Freire on Twitter

A alarma e as denuncias chegaron aos grupos ecoloxistas, concellos e ao servizo de protección da natureza. A Universidade de Veterinaria de Ferrol desprazou un equipo ata Vilagudín para recoller mostras, Algunhas fontes apuntan a botulismo, unha enfermidade que paraliza pouco a pouco aos infectados. Tamén se apunta á proximidade do vertedoiro de residuos de Sogama. No ano 2016 sucedeu un episodio semellante que levou á Xunta a prohibir a pesca no encoro.

Nas últimas horas o propio naturlistas Manuel Freire explicaba que a situación mellorara “Hoxe o panorama é distinto. Na banda da presa e zona de aparcadoiro, non había aves mortas nin enfermas debilitadas (3 exemplares nadaban na beira) #Ordes. Na banda de #Tordoia, na xa coñecida “praia” (zona 0) non había xa cadáveres á vista e incluso retiraron as aves depredadas do camiño de acceso e prado”. Freire advertía tamén de que quedaban arredor de dez “na canle entre a presa e a construción existente na zona”.

Vídeo publicado por a Amigos das Cegoñas

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial