Movendo os marcos: Festival Sinsal

0

Seguimos movendo os marcos para recomendar eventos e lugares que merecen a pena, aínda que teñamos que saír da bisbarra. Hoxe falamos do Festival Sinsal.

Olalla Lojo

Trátase dun evento moi especial. Un festival nunha illa, á que os espectadores chegan en barco, e sen saber a quen van escoitar; iso é o Sinsal.

Olalla Lojo

Falamos con Julio Gómez, un dos coordinadores do Sinsal. Unha das primeiras cousas que nos di é que o concepto de “festival” é un concepto que vale para un roto e un descosido pero que en este caso adáptase polo seu lado máis humano

Olalla Lojo

Esa relación tan estreita co público serve tamén para que todo o mundo teña claro como prioridade preservar a illa, coidar do patrimonio de San Simón

Julio Gómez, imaxe de Miguel Estima

O Sinsal nace no 2011 baseado na relación entre as persoas e non tanto nas actuacións, investigar e avanzar en eventos que primen a interacción entre o público

O Sinsal comezou hai vinte anos en salas de Vigo. Despois moveuse por outras vilas ata afincarse definitivamente na Illa de San Simón no 2011. desde o primeiro momento o cartaz foi segredo, tratábase de dar un espazo a novos artistas. Julio Recoñece que é un traballo lento pero no que a organización atópase moi a gusto

Olalla Lojo

O Sinsal celebrarase este ano do 23 ao 25 próximos nunha edición denominada “esencial”. Como nas últimas edicións conta co patrocinio de Son Estrella Galicia. Tedes toda a información na súa web.

Si queredes escoitar completa esta interesante entrevsta e apoiar o traballo de Lindeiros podedes facervos mecenas desde 4 euros ao mes nos seguintes enlaces.
Descarga a app de Patreón en android https://play.google.com/store/apps/details?id=com.patreon.android
ou en IOS
https://apps.apple.com/es/app/patreon/id1044456188
Ou si o prefires directamente desde a web
https://www.patreon.com/lindeiros

Olalla Lojo

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial