займ срочно

Movendo os marcos: PortAmérica 2022

0

Movendo os marcos, 23 maio 2022 – O PortAmérica é un dos festivais máis orixinais de toda a península. Este ano chega a súa décima edición e faino dando exemplo de fortaleza. Tras dous anos de pandemia o evento volve para dar a saída ás citas musicais do verán galego.

Este ano engaden dúas sesións vermús na Tafona de Caldas. O habitual ShowRocking reunirá coma sempre a cociñeiros de talla internacional e engade un apartado de pastelería como novidade-

PortAmérica

Creado en 2012 por  Esmerarte, axencia galega de promoción artística e xestión cultural, celebrou en 2019 a súa 8ª edición esgotando por segundo ano consecutivo as entradas congregando en Caldas de Reis a máis de 28.000 asistentes. Todo un fito para unha proposta cultural innovadora que transcende o musical e un ano máis tendeu pontes a ambos os dous lados do Atlántico, brindando aos seus asistentes o mellor de cada recuncho do mundo.

PortAmérica é un exemplo de dinamización cultural e turística e un revulsivo para a economía da Provincia. Na súa última edición xerou máis de 400 postos de traballo, un impacto económico de 4,7 millóns de euros e 100% de ocupación hostaleira en Caldas de Reis e a súa área de influencia.

En primeira persoa

De esquerda a dereita: Pepe Solla, chef e comisario del ShowRocking; Ricardo Martínez, Alcalde do concello de Portas; Manuel González, Teniente Alcalde de Caldas de Reis; Juan Manuel Rey, Alcalde do concello de Caldas de Reis; Carmela Silva, Presidenta da Deputación de Pontevedra; Kin, Director de Esmerarte Industrias Creativas; Luis López Diéguez, Delegado da Xunta de Galicia en Pontevedra; Cecilia Marimón, Comisaria Xacobeo 21-22; Jacobo Sutil, Director AGADIC e Ramón de Meer, Marketing Manager de Estrella Galicia.

Falabamos con Carlos Rodríguez, co director de Esmerarte, en xuño do 2018 a carón dos escenarios do Son do Camiño. Retomamos a conversa catro anos e unha pandemia despois na sede do PortAmérica. Comezamos preguntan por estes dous últimos anos nos que o sector cultural tivo que, como el mesmo di, sobrevivir

Carlos Rodríguez

Este festival será o primeiro do verán galego. Polo momento hai concertos en salas e aínda que xa se celebraron festivais en outras partes do estado, este será o primeiro do verán galego e volve reforzado

O outro director da produtora e fundador da mesma, Kim Martínez, explicaba na presentación as liñas musicais que marcarán esta edición do PortAmérica, moi vinculadas coa outra beira do Atlántico

Kim Martínez

Unha das particularidades do PortAmérica é combinar os concertos co traballo en directo de cociñeiros. Pepe Solla foi desde a primeira edición o coordinador de esta parte do festival- Solla explica como o que comezou como un experimento hoxe é algo único no mundo dos festivais

Pepe Solla

Máis PortAmérica

O documental “Esa maldita felicidad” rodouse ao longo de dous anos nunha ducia de localizacións. A intención contar como se organiza un festival tan complexo no que se mesturan estrelas da música coas da cociña. Como os organizadores din “o resultado é unha road movie de cociñeiros, músicos e cociñeiros músicos”

Entradas e cartaz

Si queredes acudir tedes toda a información na web do PortAmérica 2022

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies