Muros reflexiona sobre o papel das mulleres na cultura

0

Muros, 7 de outubro do 2020 – O concello de Muros organiza este venres un debate sobre o papel da muller no ámbito da cultura.

O coloquio terá lugar Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros a partir das sete da tarde. Para participar é preciso inscribirse no 981762294.

O encontro busca a creación de referentes para a normalización do papel da muller na cultura. Servirá para mostrar experiencias innovadoras e coñecer de primeira man a vivida por tres mulleres de especial relevancia.

Muros reflexiona sobre o papel das mulleres na culturaA batería do grupo Agoraphobia, unha banda de rock formada só por mulleres, Paula Rego; a directora e guionista de cine Olga Osorio; a xornalista Belén Regueira e a artista visual Lula Goce serán as encargadas de charlar sobre as súas vivencias en áreas tan distintas da cultura.

O encontro conta co patrocinio do concello de Muros e a participación do Xacobeo 2021, a Xunta de Galicia, e a Dirección Xeral de Política Lingüística.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial