O Museo do Pobo Galego acolle unha mesa sobre o agro e o mar en Galicia

0

Compostela, 13 de xullo do 2017 – O Museo do Pobo Galego segue cos actos do 40º aniversario e dentro do ciclo ” O noso pobo. De hoxe noutros corenta anos” organiza unha mesa sobre o agro e o mar en Galicia contra 2057 que comezará as sete da tarde.

Na mesa intervirán: Hixinio Mougán Bouzán, director de AGACA, Juan Antonio Vázquez Gancedo, director do Clúster Alimentario de Galicia, Daniel Villapol Valea, Grupo Villapol e presidente da S.A.T. Montes deTrabada e Eduardo Míguez López, director adxunto do Grupo Porto de Celeiro. Esta mesa sobre o agro e o mar estará moderada por Lino Lema Bouzas, do Padroado do Museo.

Neste acto, que estará aberto ao público, preténdese avaliar a proxección do agro e o mar galego, que vén sendo o soporte histórico da nosa cultura e do noso xeito de ser, pero que agora vai perdendo peso demográfico e económico na nosa Terra. Por iso, defender a cultura galega esixe apoiar a nosa xente do agro e do mar, para manter unha Galicia viva nas bisbarras máis ameazadas polo despoboamento e sen un vizoso relevo xeracional.

Con este ciclo de foros, o Museo aspira a albiscar como ha ser Galicia no futuro inmediato dende a reflexión sobre os cambios habidos nas últimas catro décadas e os desafíos a enfrontar no futuro, ao servizo dunha reactivación da nosa galeguidade.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies