Música en galego para conmemora o Día das Letras en Frades

0

Frades, 7 de maio do 2021 –  O Concello de Frades conmemorará o Día das Letras Galegas cun espectáculo de música infantil galega a cargo de Picadiscos Marifaltri.

A actuación terá lugar no multiúsos de Frades o propio 17 de maio, ás 17:00 horas. A participación é totalmente de balde, se ben polas medidas preventivas contra a Covid-19 é necesaria inscrición previa no Concello de Frades ou no 981 695 567 antes do venres 15 de maio.

María Faltri, vogalista da Banda das Apertas de Magín Blanco, presentará en Frades un espectáculo orixinal e sorprendente: unha picadiscos de música infantil. Durante o seu espectáculo, de unha hora de duración, María brindaralle aos cativos e cativas de Frades unha escolla da mellor música infantil galega para que non deixen de cantar e bailar.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial