Músicas na linde: De Vacas

0

De Vacas son a proposta máis divertida da música galega nos últimos anos, é un feito. Recuperan a tradición da retranca, da burla, daquelas coplas que nas aldeas se facían para visibilizar un segredo por todos coñecido.

De Vacas son Paula Romero, Inés Salvado, Faia Díaz é Guillerme Fernández, un dos músicos máis discretos e máis presentes na música galega desde hai décadas. Falamos con eles antes dun concerto en Negreira (nunha enorme carpa polo que o son non é o mellor e pedimos desculpas) e comezamos polo principio, polos seus inicios

Nas súas letras non deixan ningún tema fora, de feito algúns temas poden incomodar a un certo público, un non pode evitar pensar o que quedaría fora cando elixiron que poñer, e que non, nas cancións

Inés Salvado

O certo é que ao principio foi un salto sen rede, non sabían se o que lles facía graza podía ser entendido polo resto da xente pero xa na primeira actuación decatáronse que había un público para De Vacas

Cando un acode a un concerto ve de inmediato que a comunión co público é absoluta, enseguida entra no xogo e ri, aplaude e canta con elas

Paula Romero

Os arranxos dos temas están pensados tamén para esa sorte de xuntanzas familiares que con son os concertos de De Vacas, o pop é a música popular e eles a converten en máis popular se cabe

As ideas de De Vacas darían para un espectáculo moito máis adornado, case que un cabaré, pero atópanse moi ben cantando así pese as constantes propostas que reciben

Faía Díaz

Guillerme Fernández estivo presente en moitos dos mellores momentos da música galega máis recente. O atopamos con Guadi Galego en Ferrol xunto con mil nenos cantando Chea de Vida; no  Late Motiv de Buenafuente, no proxecto Acadacanto ao que se suma Xabier Díaz, máis atrás cos Berrogüeto en Cambrigde… el di que ten a virtude de estar no momento xusto no sitio preciso

As cancións de De Vacas provocan todo tipo de reaccións pero pouco a pouco todo o mundo entra no xogo e acaba por rir, sacarlle ferro a certos temas era, en certo modo, algo que tan facía falta

Guillerme Fernández

De Vacas son a boa fe, disfrutan co que fan e sendo como son. Preguntamos como unha brincadeira si ligan moito e atopamos a resposta esperada, os homes ante unha muller con persoalidade asústase, quedan moitas barreiras por tirar

Non deixedes de acudir aos concertos de De Vacas, aínda que xa forades a algún. A improvisación é un arma poderosa nas mans de este cuarteto e será difícil que non te sorprendan con algún comentario ou incluso con novos temas. Son todos ademais, no mellor sentida da palabra, moi riquiños; si no escenario chegan a atafegar pola forza e seguridade que desprenden, cando baixan volven ao seu ser máis galego.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial