Músicas na linde: Guadi Galego

0

Guadi Galego leva percorrida moita Galicia desde que se incorporara, alá por 1997, a Berrogüeto. Falar con ela, aínda con pouco tempo, é falar paseniño; respirase tranquilidade e iso transmítese na súa música.

Músicas na linde. Guadi GalegoAtopamos a Guadi Galego pouco antes dun concerto en Negreira. A xira Immersión vai deixando pegada pero o cansazo evidente non lle impide contestar as nosas preguntas cun sorriso que se agradece. Si un quere saber quen é baste dicir que despois de tantos anos pensa que segue aprendendo

Berrogüeto é un referente na historia musical de Galicia, probablemente nun momento no que non se valoraba como debía. Guadi recoñece que para ela foi un master nun momento de esplendor da música de raíz

Na súa carreira en solitario hai un tema que supuxo un antes e un despois. Matriarcas estaba incluído en Lúas de outubro e agosto e presentouse no Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as mulleres. Chegou nun momento persoal moi especial, foi unha homenaxe as mulleres e ademais comezou a definir a música que quería facer

Músicas na linde. Guadi GalegoO seguinte chanzo que escollemos na súa carreira conxuga o seu amor co galego co seu papel coma nai. preguntámoslle polo vídeo grabado en Ferrol da canción Chea de Vida e no que cantando con ela estiveron 1000 nenos

 

Cedeira é outra canción icónica no seu percorrido. Eliximos ademais o vídeo grabado en directo no programa Late Motiv para preguntarlle pola necesidade de que os medios públicos teñan máis música nas súas programacións

 

O seu último traballo, Immersión, recolle cancións en sete linguas do estado español e foi merecedor do Premio a la Promoción de la Realidad Multilingüe de España. Recibiuno antes de que cambiara todo, en febreiro de este ano, e como ben di Guadi é un premio máis socio lingüístico que musical o que o fai, si cabe, máis importante

Músicas na linde. Guadi GalegoA xira Immersión esta sendo todo un éxito. Nun escenario tan excepcional Guadi sae o escenario con máis forza que antes e agradece o esforzo dos programadores. A importancia da cultura para a sociedade é algo que aínda está pendente de recoñecer

Galicia vive un momento cultural cheo de creatividade e esplendor, como ben di Guadi comezamos a crer un pouco máis en os mesmos

Guadi Galego hai tempo que cre en ela mesma, iso non lle impide escoitar con atención todo o que lle rodea e, como nos dixo, seguir aprendendo. É unha referencia musical e social en Galicia e estamos seguros de que seguirá sorprendo co seu traballo e marcando un camiño máis que interesante en tempos de incerteza como os que vivimos.

Músicas na linde. Guadi Galego

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial