Músicas na linde: Joel Padín

0

Joel Padín ten tan só 16 anos pero leva case dez namorado da música tradicional, un sentimento que acaba transmitindo cando un fala con el.

En xaneiro pasado publicaba o seu primeiro disco Aughas Mortas. Unha gravación moi respectuosa con esa tradición e editada coa colaboración do concello de Vilagarcía.

Falamos con Joel para Músicas na linde. Quedamos na praza de Cervantes de Compostela. Comeza cóntandonos como a primeira vez que entrou nunha clase de música foi, curiosamente, á forza

Si hai algo que lle guste tanto como a música é a sensación de subir ao escenario e que o escoiten, esa paixón descubriuna moi pronto

O disco nace por esa necesidade de Joel Padín de mostrar o seu traballo, de que a xente o poida escoitar sen necesidade de ir aos seus concertos. Para producilo contou co seu amigo e etnógrafo Carlos Rey Cebral

A música tradicional ten futuro xa que, pese a sensación que en ocasións se quere dar, hai un bo feixe de rapaces que como Joel están a traballar por ela

Joel Padín é paixón polo que fai, un adolescente cunha forza que impacta cando se coñece pero que non deixa de estar chea de sentido común. Unha combinación que cremos que o levará a facer cousas moi interesantes non vindeiros anos.

Podes escoitar a entrevista completa no podcast de Lindeiros e de paso colaboras para que dediquemos máis tempo a este tipo de contidos.

Descarga a app de Patreón e únete desde 4 € ao mes

en android https://play.google.com/store/apps/details?id=com.patreon.android

ou en IOS

https://apps.apple.com/es/app/patreon/id1044456188

Ou si o prefires directamente desde a web

https://www.patreon.com/lindeiros

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial