Músicas na linde: Xisco Feijóo

0

O disco que traemos hoxe a Músicas na linde pode que sexa o máis bonito do ano, polo menos o máis orixinal. Xisco Feijóo é posiblemente o único artista en presentar un traballo… nunha lata de conservas.

Peixe é un produto excepcional máis alá da anécdota da lata. Como o é tamén o seu protagonista Xisco Feijóo. Un home multitarea que igual aparece actuando no Midas de Tanxugueiras como da clases na ETRAD de Vigo onde leva máis de 20 anos de profesor.

Ata a cidade olívica achegámonos para falar con el sobre este Peixe. Un disco no que a persoalísima voz de Xisco vese arroupada por un bo feixe de colaboracións e uns arranxos de primeiro nivel.

Comezamos preguntándolle por onde estivo metido todo este tempo ou, dito de outro xeito, como tardou tanto en sacar este disco. O certo é que este traballo leva xa dez anos na súa cabeza

Xisco leva 22 anos dando clase na escola Municipal de Música Tradicional de Vigo. En este tempo foi un espectador de primeira fila, e protagonista en ocasións, da evolución da música galega. Unha historia que lle produciu distintas sensacións

Peixe é un disco con colaboracións que mesturan esa historia da música xa que van desde un Alasdair Fraiser, unha referencia no folk desde os 80´, ata Aída Tarrío, unha das Tanxugueiras

A voz de Xisco Feijóo sorprende e atrapa desde a primeira vez que un a escoita. Resulta aínda máis relevante en pezas tradicionais como as que forman o disco. A sensación de tela baixo control é permanente aínda que nos explica que non foi algo buscado

Peixe tivo a súa primeira experiencia en directo en Valencia. O resultado foi, en palabras de Xisco Feijóo, “brutal”

O disco, a conserva, resume a filosofía do traballo e do artista. Un xeito de explicar quen é e que pensa Xisco Feijóo

Non nos cansamos de repetir que vivimos un dos mellores momentos da música galega en anos. Discos como este Peixe de Xisco Feijóo  mostran non só a capacidade galega de gravar, producir e editar música; exemplifican a liberdade que se acadou a hora de facer música tradicional, borrando de súpeto as raias entre o antigo e o moderno e abrindo novos roteiros que explorar.  

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial