Na Baña prefiren a gaita

0

A Baña, 6 de outubro do 2020 – A gaita é o instrumento máis demandado polas persoas que acoden ás distintas actividades promovidas desde o concello da Baña.

O concello fixo unha enquisa entre os usuarios para coñecer as preferencias dos usuarios adultos e a gaita foi a primeira opción entre os alumnos da escola de música tradicional.

O consistorio consultou tamén sobre as preferencias da cidadanía en canto á actividade de ximnasia e estimulación cognitiva para maiores e ao servizo A Baña Madruga para o curso 2020/2021. Este tipo de consultas comezaron no curso pasado coa intención de axustar o máximo posible a oferta ás demandas da veciñanza.

Na Baña prefiren a gaita

IImaxe: Liga galega de bandas de gaitas-El ronco by juantiagues

En tempos de pandemia, esta información adquire especial relevancia, ao se ter que elaborar horarios específicos e ordenar os espazos nos que se van a desenvolver as clases. O Concello confía en que, andado o tempo, a participación medre e se converta nunha ferramenta útil para a programación deste tipo de accións.

Para este inicio de curso, o Concello preguntou a aquelas persoas adultas interesadas en matricularse por primeira vez na Escola de Música Tradicional sobre as súas preferencias no referido ao instrumento que queren aprender. Así, un 62,5% mostrou a súa preferencia pola gaita, o 25% decantouse pola pandeireta e un 12,5% elixiu a percusión. Das 8 respostas emitidas de xeito anónimo, o 50% corresponderon a persoas de 40 a 50 anos e o 25% ao grupo de idade de 20 a 30 anos.

No que respecta ás actividades para maiores de 55 anos, das 5 respostas recibidas o 60% tomou parte pola estimulación cognitiva semipresencial, un modelo no que persoal do Concello levará aos domicilios o material da actividade e pasará despois recollelo. A ximnasia de mantemento por parroquias tivo unha aceptación do 40%. Idéntica porcentaxe de respostas tivo a consulta sobre o lugar de celebración das clases: un 60% optou pola opción do centro social e da terceira idade da Baña e un 40% por outras parroquias, amosando o seu interese por Marcelle e Suevos en concreto.

O Concello consultou tamén á veciñanza sobre o interese das familias para utilizar o Servizo A Baña Madruga, unha medida que busca facilitar a conciliación da vida laboral e familiar entre os escolares que acoden ao CPI San Vicente. Do total de respostas anónimas recibidas (12), o 91,7% elixiu a modalidade que inclúe o almorzo no servizo. No que atinxe aos días da semana nos que se utilizaría o mesmo, o 75% precisaríao todos os días, con especial incidencia nos martes e xoves, que foron sinalados polo 91,7% das familias. Preguntados polo número de días ao mes nos que precisarían o servizo, o 41,7% das familias manifestou o seu interese por facer uso desta actividade todo o mes. Tamén se preguntou polo horario que precisarían os usuarios; neste punto, o 58,3% elixiu a opción de 8:00 a 9:15, o 33,3% de 7:30 a 9:15 e o 8,3% de 8:30 a 9:15 horas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial