Nace a asociación Hostaleria.gal

0

Bisbarra, 21 de xaneiro do 2022 – Cunha vocación de atender á hostalería de Compostela e as comarcas veciñas nace Hostalería.gal

A asociación foi presentada este xoves no local que veñen de abrir no santiagués barrio da Pontepedriña. Hostalería.gal nace coa denominación legal de Asociación Empresarial da Restauración, Aloxamento e Turismo de Santiago e Comarcas e legalmente ten un ámbito autonómico.

A directiva, composta por 12 hostaleiros e hostaleiras e presidida por Lois Lópes, explicou que os seus obxectivos pasan por mellorar as condicións das empresas do sector e a vida das persoas que traballan nel, procurando ademais cubrir as carencias existentes desde o punto de vista asociativo e organizativo dentro da hostalaría.

Preguntado pola teórica contradición de buscar a unidade e iniciar novas asociacións Lopes explicou que, como sucede en outros sectores, do que se trata é de buscar a unidade de acción pero que se pode chegar desde distintas asociacións e distintos modos de afrontar os problemas.

A nova asociación pretende representar “á inmensa maioría do sector, que son as empresas pequenas, medianas e familiares, as máis afectadas polas decisións tomadas a respecto da nosa actividade. Queremos facernos oír e representar a parte que é inmensamente maioritaria no sector”, subliñou Lois Lópes.

na fila dianteira, de esquerda a dereita, Sergio Fernández, Noelia Rodríguez, Lois Lópes, Maica Couto, María Varela, David Dopazo; na segunda fila, Antón Lago, Xan Galbán, Gonzalo Arias, Anxo Pérez, Óscar Blanco e Luis Vázquez. Foto de Denís Estévez

Hostalaria.gal é unha asociación ampla e plural, xa que recolle os distintos segmentos do sector, aloxamento, turismo e restauración, coa particularidade nesta última do lecer nocturno. Desde o punto de vista xeográfico, aínda que se trata dunha asociación de ámbito galego, cinguirase de momento a Santiago e as comarcas de influenza.

A nova entidade nace coa vontade de liderar unha máis que necesaria unidade de acción e emprende o camiño de sumar o maior número de empresas posible ao seu proxecto. Tamén se propón iniciar un diálogo con outras entidades do sector para marcar obxectivos comúns.

Nas próximas semanas presentaranse os obxectivos da nova asociación ao conxunto das administracións coa idea de artellar mecanismos de traballo conxunto que dean como resultado un diálogo fluído e a adopción de medidas equilibradas que concilien os diferentes intereses que haxa en cada momento.

“Nacemos con toda a humildade do mundo, o que non significa que non teñamos a ambición de conseguir os obxectivos que nos propoñemos”, indicou o presidente de Hostalaria.gal,

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies