Nadal en Teo arredor de sete árbores

0

Teo, 2 de decembro do 2021 – A programación de Nadal en Teo vivirase arredor de sete árbores colocadas nas zonas máis comerciais do concello.

A iniciativa parte das áreas de Desenvolvemento Local e Cultura. As árbores son parte dunha programación e unha serie de actividades pensadas “para que todos e todas nos sintamos parte deste Nadal”.

As sete árbores foron elaboradas polo artesán local Rodrigo Mosquera, da empresa Tres Oficios. Estas “árbores de noso” colocaranse sen decoración e as persoas que queiran poderán traer a súa bola ou decoración para colocar. Deste xeito don que “haberá un anaco teu nas árbores de todas!”

Ademais os que se acheguen cun adorno os días 10 e 11 serán convidados a un chocolate.

Códigos QR

Outra das iniciativas está pensada para visitar todas as árbores xa que os que o fagan terán premio, un concurso especialmente pensado para a cativada da casa. En cada árbore haberá un código QR no que os/as pais/nais se poderán identificar unha vez e obterán un código. As persoas que se acheguen ás sete árbores e se rexistren a través do QR recibirán un agasallo dunha artesá local, unha lámina de Xiralúa. O obxectivo é que as familias busquen as sete árbores polo concello, desfruten das actividades e gozen deste “Nadal do noso”.

Animación nas árbores

Durante as semanas do Nadal o concello de Teo organiza tamén distintas actividades. Despois da chocolatada inicial, o sábado 18, o Apalpador visitará a ruta Apego en Pontevea de 12:00 a 14:00 h e de 16:00 a 18:00 h; o domingo 19 celebrase o mercado de Nadal nos Tilos de 11:30 a 19:30 horas; o venres 24 en Cacheiras e Montouto haberá un pasacalles de música e espectáculo de cabezudos e gaiteiros ás 16:30 horas e o martes 28 un fotomatón de Nadal, na Casalonga de 11:30 a 13:30 e en Luou de 14:30 a 16:30 h. As “árbores de noso” tamén terán Cantos de Nadal con actuacións na rúa de coros do Concello. Estes horarios están aínda por determinar.

Maxia, música e teatro no Nadal cultural

O Nadal terá ademais animación de rúa, vencellada ás árbores, con moitas actividades nas que a maxia, a música e o teatro serán protagonistas. Así mesmo, ofertaranse obradoiros relacionados coa decoración e a comida típica destas datas. O mércores 22 un taller de adornos de Nadal para nenos/as de 6 a 12 anos. Na antiga escola de Ameneiro de 11:30 a 13:30 h e na escola de Tras do Eixo de 16:00 a 18:00 h. Son de balde pero é preciso anotarse en turismo.teo.gal/actividades.

O xoves 30 un obradoiro de doces de Nadal na Casa Común de Rarís para público infantil. Serán de 11:30 a 13:30 h. e de 17:00 a 19:00 h. Hai que anotarse en turismo.teo.gal/actividades

Festival de maxia

Os sábados de decembro a maxia será a protagonista para público familiar. Contarase con tres galas no Auditorio da Ramallosa. No sábado 4 co Mago Romarís con Maxia Potáxica, o sábado 11 o Mago Paco don Hocus Pocus e o sábado 18 o Mago Dani Polo co espectáculo Enmaxiarte. Todas as funcións de maxia ás 18:00 h. Reserva de entrada escribindo a entradascultura@teo.gal

A Banda de Música de Teo ofrecerá un concerto o domingo 26 ás 17:30 no Auditorio e durante todo o mes celebrase Fegateatro con varias funcións para todos os públicos.

Tedes toda a programación en este enlace.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial