Nanomag camuflar nanodispositivos para chegar a órganos infectados

0

Compostela, 9 de febreiro do 2021 – A empresa Nanomag camuflará nanodispositivos magnéticos para escapar do sistema inmune e chegar a órganos afectados.

O proxecto BOW de Nanomag pretende “vestir” as nanoestruturas magnéticas con membrana de vesícula extracelular para que se camuflen e non sexan rexeitados polo corpo. Na iniciativa participa a USC e acaba de ser financiado con 4,5 millóns de euros por parte da Comisión Europea.

Baixo a coordinación de José Rivas, profesor emérito na Facultade de Física, o grupo de investigación Nanomag, pertencente ao Instituto de Materiais da USC, desenvolverá unha tecnoloxía que permita “vestir” cunha capa a estes nanocompostos de partículas magnéticas. Deste xeito, agárdase dotar a dispositivos sintéticos cunha superficie de gran complexidade biolóxica que lles permita biomimetizarse, camuflarse do sistema inmune e dirixirse a dianas de interese como órganos ou tumores.

Os científicos camuflan estes dispositivos cunha membrana fabricada a partir dunha vesícula  extracelular que dará forma á información contida no interior do nanodispositivo.

Loita contra o cancro

As vesículas extracelulares con tamaños nanométricos son a peza chave da comunicación intercelular entre órganos. Según os investigadores son “feita polas células para as células” e permiten o transporte de lípidos, proteínas e acedos nucleicos. Asemade, toman parte en procesos fisiolóxicos e participan nos mecanismos de propagación de diversas enfermidades, incluíndo cancro e infeccións. A investigación que acaba de botar a andar e que será desenvolvida por un consorcio internacional integrado por once socios de Italia, Alemaña, Irlanda, Suíza, Estonia, Chequia e España, supón un primeiro exemplo disruptivo de nanotecnoloxía bioxénica.

Rivas explica que  “O éxito desta tecnoloxía non incremental promoverá o progreso de nanodispositivos e nanomateriais implantables cara á produción sostible e a translación clínica, contribuíndo a fortalecer e manter a posición de liderado na biotecnoloxía europea e impactando a calidade de vida das persoas”.

Os obxectivos do proxecto consisten na produción de vesículas extracelulares con funcións biomiméticas e organotrópicas; a síntese e funcionalización de nanocompostos superparamagnéticos; así como o deseño dun dispositivo microfluídico para a fabricación simplificada de nanocompostos recubertos con membrana de vesícula extracelular. Neste senso, o profesor Rivas reivindica que “os nanomateriais e os nanodispositivos constitúen unha tecnoloxía fundamental para mellorar a medicina de precisión e os enfoques terapéuticos”.

Nos últimos cinco anos, este é o terceiro proxecto europeo do programa Horizonte 2020 que obtén o grupo de José Rivas, que ten en vigor un cuarto proxecto europeo máis doutro programa.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial