Negreira aumenta o premio do certame de poesía Ardeiro ata os tres mil euros

0

Negreira, 25 de maio do 2021 – O Concello de Negreira e maila Dirección Xeral de Cultura aumentarán a coantía económica dos premios do Certame de poesía “Xosé M. López Ardeiro”,

O X Certame de poesía Ardeiro reforza o seu premio que pasará de 1.000 a 3.000 euros. Esta edición foi presentada mediante un acto no Auditorio de Negreira.

O evento contou coa presenza do secretario xeral de Cultura, da Xunta de Galicia, Anxo M. Lorenzo e do alcalde nicrariense, Manuel Ánges Leis.

A Consellería de Cultura seguirá aportando a edición de 300 exemplares da obra gañadora como viña facendo dende a súa creación, e a maiores, porá unha cantidade en metálico para engadir aos mil euros (700 e 300) que viña aportando o Concello coma premio para os dous finalistas do certame.

Certame poesía ardeiro

No acto presentouse tamén a  edición do poemario do último gañador do certame, de Medulia Editorial. O autor premiado sí agradeceu o premio a través dun vídeo durante o acto no que se leron poemas de Xela Arias, a autora homenaxeada neste 2021 polas Letras Galegas, a cargo de estudantes da ESO do instituto Xulián Magariños, asistindo un grupo deles ao acto, e cando a actuación das pandereteiras As Maianas, de Ames.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial