Negreira, 4 de xuño do 2020 – O concello de Negreira ven de adquirir unha nova retroescavadora destinada a brigada municipal de obras.
Esta retroescavadora mixta está dotada de martelo picador e unha barredora, ademais de outros equipamentos, o que fai útil para distintos tipos de traballo.

O alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis, xunta a nova retroescavadora
O novo equipamento foi entregado ao concello este pasado luns. O contrato supón un investimento de 91.454 euros, a través da súa adxudicación pública no Plan POS + 2019 (Plan de Obras e Servizos), na súa anualidade de 2019.
O novo vehículo sustituirá a antiga retroescavadora municipal que tiña xa moitos anos de servizo. O obxectivo é reforzar o traballo que desenvolve a diario a Brigada Municipal de Obras na mellora e conservación da rede viaria municipal ou, en traballos específicos para a que sexa requirida.