Negreira en contra dos parques eólicos

0

Negreira, 14 de setembro do 2021 – O pleno ordinario de setembro do concello de Negreira aprobou por unanimidade unha moción en contra das novas tramitacións de parques eólicos.

A moción, consensuada entre PP e Psoe, explica que o concello ten un parque activo, o de Corzan, pero hai cinco parques eólicos proxectados. o que supón unha agresión ao territorio que inclúe unha liña de alta tensión, un mínimo de tres de evacuación e a apertura de pistas para o paso da maquinaria.

A moción explicita o rexeitamento do concello a estas tramitacións e insta a Xunta a modificar o Plan Eólico de Galicia. Pide tamén que nas tramitacións de parques eólicos os técnicos da Xunta se poñan en contacto cos técnicos dos concellos, que se informe aos municipios de toda esa tramitación e se esixe transparencia por parte das empresas.

Modificacións tributarias e conta xeral

O Pleno aprobou de xeito definitivo a Conta Xeral 2020 informada favorablemente desde a intervención. Aprobáronse asi mesmo bonificacións do IBI, IAE e ICIO destinadas ao fomento do emprego, As empresas de nova implantación, ou aquelas que amplíen instalacións, e aseguren postos de traballo poderán beneficiarse de estas reducións. Un 95% se son máis de 20 novos traballadores, un 75% si son máis de 11 e un 50% se son menos de 10 os novos empregados.

Tamén se aprobou por unanimidade unha serie de modificacións na lexislación que regula as sancións de tráfico, de vados e de ocupación de vía pública.

Créditos e transferencias

O pleno aprobou un crédito extraordinario de 218.000 euros destinados aos empresarios que quedaron fora das axudas do Plan de Emprego Local, PEL, Reactiva impulsado desde a Deputación.

Tamén se modificaron distintas partidas orzamentarias para poder transferir a gasto corrente 47.000 euros que se destinaran a distintas cuestións.

Outros temas

O pleno aprobou a incorporación á iniciativa “Concellos Doing Business Galicia” impulsada desde a FEGAMP e a Xunta de Galicia e que busca fomentar a implantación de empresas no territorio.

Tamén se aprobou a creación da  Comisión de Honras e Distincións do Concello de Negreira. En ela participaran representantes dos grupos da corporación e persoas alleas a institución para buscar o consenso a hora de conceder novas honras ou nomear novas rúas.

Mocións

As 3 mocións do Partido Popular foron aprobadas por unanimidade. A primeira relativa a construción de equipamento para o Club de Atletismo; o PP aceptou incluír na resolución unha chamada a Xunta e Deputación para a colaboración co concello.

A segunda relativa a colocación dun sistema de video vixianza no parking de camións do polígono industrial. E a última moción sobre a reforma do parque infantil do Coto.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial