Comeza en Negreira unha esperada Feira do Románico

0

Negreira, 3 de setembro do 2021 – O concello de Negreira abre hoxe a XIV Feira do Románico, moi esperada despois da inevitable suspensión no 2020.

Durante moitos meses a duda sobre a celebración da Feira do Románico este ano existiu dada a situación sanitaria. Polo mesmo motivo as restricións na celebración serán moi estritas. Para cumprir coa normativa Covid esta ano non haberá tabernas e chiringuitos. A feira pechará as nove da noite para impulsar a hostalería local. Ademais reforzarase  a presenza das forzas de seguridade municipais e civís para supervisar o cumprimento das medidas establecidas.

Programación

A XIV Feira do Románico de Negreira ábrese a seis da tarde de hoxe venres. Grupos de músicos como Turdión, Himnodium ou Grimorium percorrerán as rúas. A xornada rematará cun espectáculo de lume as dez da noite.

Mañá sábado a Feira do románico ábrese as 11 da mañá e as doce terá lugar a inauguración oficial coa presenza da corporación. os músicos e a animación de rúa terán un bo complemento antes do mediodía cun espectáculo de acrobacia de Cuca Castillo a unha da tarde.

As sete e media da tarde terá lugar o espectáculo infantil do fakir Flakin. As oito e media celebrarase unha das actividades máis esperadas cada ano: o Gran Combate Medieval que terá lugar no campo da Feira.

imaxe de arquivo

A xornada central rematará co espectáculo de lume as dez e cuarto e unha tirada pirotécnica as once.

A última xornada da Feira do Románico, o domingo cinco de setembro, terá dúas actuación de Cuca Castillo e as súas acrobacias, unha as doce e outra as sete e media da tarde. As doce e media a Capela de San Mauro acollerá un concerto de música medieval con Canta Compaña. A xornada pecharáse co teatro de rúa que leva por título Errantes.

Unha oportunidade de volver a disfrutar da festa do románico nas mellores condicións. Un pouco de lecer en tempos tan complicados.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial