Guadi Galego en Negreira

0

Negreira, 17 de agosto do 2020 – Negreira acollerá o vindeiro día 22 un dos concertos da xira Immersión de Guadí Galego, será no marco do ciclo As nosas músicas.

Guadi Galego actuará a partir das dez da noite na Praza das Brañas e estará ademais acompañada polas cantareiras As Maianas.

 A cantante é unha das artistas máis relevantes do país, froito dunha carreira musical que a de Cedeira comezou coma solista, pianista e gaiteira dunha banda como Berrogüetto. Continuou a súa traxectoria con Espido e Nordestin@s ata emprender a súa traxectoria en solitario, a partir do ano 2009.

Guadi Galego en NegreiraGuadi Galego interpretará temas do seu último traballo “Immersion” (Boa Records, 2019), una homenaxe ás linguas que se falan na península Ibérica como un canto á diversidade e a tolerancia, no que canta en sete idiomas. Este traballo inclúe once versións de temas xa publicados de Guadi e unha canción inédita. O disco conta con varias colaboracións con outros cantantes como Iván Ferreiro ou Andrés Suárez.

Entre os últimos recibidos destacan o Premio da Crítica de Música Galicia 2015, o Premio Martín Codax 2016 en canción de autor ou o Premio á Promoción da Realidade Plurilingüe do Estado 2020, concedido por “Immersion”.

 

As Maianas

Este grupo de cantareiras ten o seu xérmolo no Obradoiro de baile e música tradicional do Concello de Ames. No ano 2007 crean a formación actual e catro anos despois editan o seu primeiro traballo “Como canta”.

Ao longo da súa traxectoria musical acadan varios premios musicais, coma no concurso de Novos Valores promovido polo Festigal. No ano 2019 sae á luz o seu último traballo “De Trisca”, un CD feito con moito mimo e cariño nas pezas que o compoñen.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial