Negreira traballa na humanización da praza das Brañas

0

Negreira, 9 de novembro do 2020 – O Concello de Negreira inviste 303.194 euros do Plan Único (POS+2019) da Deputación na reurbanización  e humanización da praza das Brañas.

As obras de Negreira están en fase de licitación ata o 23 de novembro. Incluirán a construción dunha cuberta de chapa de aceiro para o parque infantil da praza, co obxectivo de protexer das inclemencias meteorolóxicas e da acción do sol aos nenos e nenas que xogan neste espazo.

Dentro das actuacións, tamén se proxecta o  axardinamento da área de zonas verdes, coa finalidade de eliminar o terreo de grava existente coa plantación de árbores coma  tilos, tuyas, rododendros e magnolios. Á súa vez, instalaranse tres pérgolas vexetais, céspede, unha fonte recuberta de pedra granítica  e un sistema de rego automático.

Na área norte da praza, colocarase unha tirolina, con solo especial para amortiguar caídas, e pintaranse xogos tradicionais no chan, coma o tres en raia ou a “rayuela”. Nesta área tamén se procederá á plantación de árbores.

O alcalde, Manuel Ángel Leis, explica que  “As obras suporán unha importante mellora estética e unha aposta pola humanización da praza, que se ubica na zona máis poboada de Negreira” e destacou que a cuberta do parque infantil, a creación de zonas verdes e a instalación de novo mobiliario urbano contribuirán a facer un entorno idóneo para o tempo de ocio da veciñanza.

Pola súa banda, o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou que o Plan Único financia este ano 319 obras nos concellos da provincia  “contribuíndo á creación de emprego e á reactivación económica da provincia”. “Desde pequenas obras de mellora en núcleos rurais a grandes proxectos como a mellora da praza das Brañas, o Plan Único está axudando aos concellos a mellorar as infarestruturas e servizos dos concellos da provincia”, afirmou.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial