Convocan unha manifestación en Negreira contra os parques eólicos

0

Bisbarra, 19 de outubro do 2021 – A Asociación Fonte Seca da Baña ven de convocar unha manifestación en Negreira contra os proxectos de parques eólicos.

A protesta terá lugar o vindeiro domingo. Partirá as 11:30 da Avenida das Brañas de Negreira para  logo seguirá pola rúa da Cachurra, a Carreira de San Mauro até o Campo da Feira. Desde o Campo da Feira a manifestación voltará pola Carreira, avenida de Santiago, Fonte do Carme e Camiño Vello para chegar á Praza do Concello onde rematará.

Ao final da manifestación terán lugar unha serie de intervencións para amosar a oposición da poboación coa implantación masiva de parques eólicos na comarca de Barcala.

A convocatoria pódese ver na web do concello de Negreira. A Asociación Fonte Seca está ademais animando á veciñanza a participar coas publicacións en redes sociais. Precisamente na canle de Youtube de Rober Vilela publicaron unha montaxe satírica para explicar o que pode supoñer a implantación dos parques

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial