Negreira organiza o XI concurso Loita contra a Violencia de xénero

0

Negreira, 8 de novembro do 2021 – Co gallo do 25 de novembro o concello de Negreira organiza a XI edición do concurso Loita contra a violencia de xénero.

Loita contra a violencia de xénero premiará os relatos curtos e carteis gráficos que se presenten ao concurso. esta organizado polo Concello de Negreira, a través do Centro de Información á Muller (CIM), co fin de sensibilizar á poboación sobre desta lacra social.

O certame está dirixido a menores de 18 anos. O concurso divídese en tres modalidades: relato curto, cartel gráfico e curtametraxes. A temática a que deben axustarse os traballos é a Loita contra a Violencia de Xénero en tódalas súas manifestacións: física, psicolóxica, sexual, económica, estrutural… así como os efectos e consecuencias da mesma en tódalas persoas que a sofren.

Os traballos deberán ser entregados no Centro de Información á Muller no Concello de Negreira, nun sobre pechado. Deberá constar un número de teléfono de contacto e en ningún caso deberá aparecer o nome da persoa participante. A identificación da persoa levarase a cabo mediante o uso dun pseudónimo.

Tódolos traballos que se presenten deberán ser orixinais, inéditos e non presentados en anteriores concursos en Negreira ou en outros concellos. O prazo de presentación remata o 18 de novembro.

 O Premio ó mellor relato curto será un vale regalo por importe de 100 euros a utilizar nunha tenda da vila. O Premio ó mellor cartel gráfico: vale regalo por importe de 100 euros a utilizar nunha tenda da vila. Finalmente  o Premio ó mellor curtametraxe: vale regalo por importe de 100 euros a utilizar nunha tenda da vila.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial