Negreira recuperou a Festa dos Maiores

0

Negreira, 10 de maio do 2022 – O concello de Negreira recuperou a Festa dos maiores, coa asistencia de máis de 400 persoas, tras dous anos de pandemia.

O encontro de maiores de Negreira tiña ademais a particularidade de ser o vixésimo quinto aniversario de esta celebración.  O Encontro comezou cunha misa na capela de Cotón, que deu paso a un xantar popular no campo da feira. A charanga ‘Tíralle do aire’ e o dúo musical ‘Entre Voces’ amenizaron a xornada.

A tenente de alcalde e concelleira de Servizos Sociais, Muller e Igualdade, María del Mar García Vidal, foi a encargada de sustituir ao alcalde, Manuel Ángel Leis, que non puido asistir por un problema de saúde-

A concelleira agradeceu a presenza dos maiores e o seu comportamento estes dous anos “Quero aproveitar esta ocasión para daros as grazas; Grazas porque o voso comportamento durante a pandemia foi exemplar, asumindo a necesidade de aplicar moitas restricións e limitacións á vosa vida diaria, deixando a un lado o contacto social e os afectos coa maior parte dos vosos seres queridos porque non quedaba outra que coidarse e coidar aos demais”.

García Vidal engadiu que  “Os maiores tedes un papel fundamental no día a día dos vosos fogares e das familias, coidando dos vosos netos ou das persoas do voso entorno familiar que necesitan coidados específicos; por iso merecedes máis atención, que tamén coidemos de vos”, manifestou García.

José Villar Rivero e Carmen María Suárez recibiron uns obsequios por ser as persoas de maior idade da festa.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies