Negreira, 17 de setembro do 2020 – O concello de Negreira aproveitará os fondos do Plan Único da Deputación para o arranxo das avenidas da Barcala e das Brañas, dúas das principais rúas do concello.
As obras, en fase de licitación ata o vindeiro 5 de outubro, permitirán renovar o firme actualmente deteriorado destas céntricas rúas de Negreira cunha capa de aglomerado en quente de 6 cm. de espesor e rego de adherencia, o que mellorará a seguridade do tráfico.
Ademais da renovación do pavimento, o proxecto incluirá o pintado das marcas viais e cebreados e a renovación da sinalización horizontal e vertical.