Neiti Aika e A miña Terra, os mellores filmes da 16ª edición da MICE

0

Compostela, 12 de abril do 2021 – O MICE outorga o premio ao Mellor Filme a Neiti Aika, da realizadora finlandesa Elina Talvensaari.

A MICE e concedido , “pola súa proposta de historia de vida dunha persoa que xa non está, realizada desde á recuperación da cultura material, cun traballo de investigación minucioso e cun ollar  persoal e poético sobre o tempo e a memoria tocando diferentes esferas da condición humana”.

O filme De los nombres de las cabras, de Miguel G. Morales e Silvia Navarro, recibiu unha mención especial “pola súa condición de ensaio que integra a Historia e a etnografía a través dunha riqueza de materiais ao tempo que amosa unha brillante concepción da montaxe e o deseño sonoro”.

Fotograma de Neiti Aika

Na categoría de mellor Filme Galego o gañador foi A miña Terra, de Santiago D. Risco, “pola abordaxe sobria dun tema complexo e a reflexión sobre o territorio, a herdanza e a familia a través dun bo exercicio de observación con elementos poéticos”.

Os xurados

O xurado da 16ª edición da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego estivo composto por Bibiana Martínez Álvarez (doutora en Antropoloxía Social e investigadora no Grup d’Estudis sobre Reciprocitat da Universitat de Barcelona e no Grupo de Estudos Territoriais da Universidade da Coruña); José Manuel Sande (xestor cultural, activista, docente e programador de cinema do CGAI Filmoteca de Galicia); e Filipe Martins (doutor en Semiótica Social, profesor na Escola Superior de Media Artes e Design e director do festival Family Film Project do Porto).

Entrega de premios

por outra banda o xurado AGANTRO, da Asociación Galega de Antropoloxía, constituído por Guadalupe Jiménez-Esquinas (antropóloga, doutora internacional pola Universidade do País Vasco (2018) e na actualidade profesora de Antropoloxía Social e Cultural na Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela), Joan Roura (licenciado en Antropoloxía Social e Cultural pola Universidade de Barcelona, membro do grupo de investigación do Centro de Estudos sobre Culturas Indíxenas e Afroamericanas) e Carlos Diz (doutor en Antropoloxía pola Universidade da Coruña, onde dá clase, forma parte do Grup de Recerca en Exclusió i Control Socials da Universitat de Barcelona) decidiu conceder o premio á excelencia antropolóxica, o Premio AGANTRO, a Como el viento, de Raquel Ruiz “por retratar con profundidade, rigor e sensibilidade etnográfica as dinámicas cotiás dunha comunidade xitana en Arxentina”.

Finalmente  o xurado da Asociación Galega de Profesionais da Dirección e Realización (CREA) outorgou este primeiro Premio CREA da MICE ao filme A poeta analfabeta de Sonia Méndez, que aborda a vida da compostelana Luz Fandiño, “pola súa solvencia na elaboración dun filme biográfico que retrata unha personalidade singular, mestura con acerto diferentes materiais e apela ao propio proceso de traballo”.

Nesta 16ª edición da MICE o Premio do Público recaeu no documental de Manuel Pedrosa rodado no Macizo Central ourensán Entre Pastores e Lobos. Como foi certame híbrido, contáronse os votos pases presenciais dos filmes no Museo do Pobo, no Teatro Principal e mais no cinema NUMAX, ademais dos votos emitidos a través de internet co visionado das películas na plataforma Festhome, que se manterá activa ata que remate o domingo, 11 de abril.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial