Nin Servil, Nin Calada, Libre, lema para o 25N en Ames

0

Ames, 17 de novembro do 2021 – “Nin servil nin calada. Libre” é o lema co que Ames afronta os actos de conmemoración do 25N, Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller.

As actividadesarredor do 25N durarán até o 4 de decembro e están organizadas polas Concellarías de Benestar e Igualdade, Cultura, Mocidade e Turismo.

Cine, teatro, videoforum, unha “marcha contra o machismo” polo Monte Viso, un mural conmemorativo e as tradicionais xornadas “Acércate”, nas que este ano participará a escritora, debuxante e música, Lola Vendetta, constitúen o groso do programa.

O Acto Institucional do Concello celebrarase o propio 25 de novembro ás 18:30 na praza do Concello e contará coas actuacións da EMMA e da Plataforma Feminista de Ames.

¿Esto es amor?

Catro sesións de Teatro-Foro baseadas na obra “¿Esto es amor?” da Compañía aragonesa Psíare, invitarán a reflexionar  e tomar consciencia sobre as relacións tóxicas que confunden o amor coa posesión. 

Dúas das sesións dirixiranse ao alumnado dos Institutos de Ames e as outras dúas ao público en xeral. Os convites para as sesións libres xa están a disposición do público na billeteira municipal.

A Compañía aragonesa Psíare, dirixe esta experiencia de teatro interactivo na que o público participa co obxectivo de mudar conceptos e actitudes machistas. A través da obra os actores, que tamén son psicoterapeutas, irán presentando toda unha serie de accións para que o público reaccione e sexa el mesmo quen “reescriba ese guión” e mude as  actitudes perversas que as veces se adoptan case sen que un se decate. Búscase que “o cambio se estableza precisamente a través desa toma de consciencia e ese “poñerse na pel da outra/o”, segundo o ideario da Compañía.

Para a a concelleira de Benestar e Igualdade, Luísa Feijóo “é unha sorte poder contar no noso Concello con estas iniciativas que, aparte de anovadoras, teñen tan boa acollida entre a veciñanza”. Feijóo engade que esta é unha representación que anima e incita a reflexión, convertendo ao espectador en parte da acción e mudando a trama coas súas achegas”.

Días e horarios

As sesións dirixidas a público adulto, terán lugar o día 19 de novembro, ás 20:30 na Casa da Cultura de Bertamiráns e o 20 de novembro, ás 20:30 na Casa de Cultura do Milladoiro.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial