Noia convértese en exemplo sobre a xestión intelixente da auga

0

Noia, 11 de marzo do 2021 – A Xunta de Galicia mostrou a experiencia piloto de Noia sobre a xestión do ciclo da auga a setenta profesionais europeos.

A directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, inaugurou o taller en liña dos avances acadados en Noia a través da iniciativa europea Aquamundam.

A directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, participa, de xeito telemático, no ciclo de talleres “Aquamundam. Dixitalización do ciclo urbano da auga en pequenos e medianos municipios”.

A responsable da Xunta destacou a importancia deste proxecto para a introdución de ferramentas innovadoras.  Os avances permitirán aos responsables do mantemento ter un coñecemento exacto das infraestruturas. O obxectivo é facer unha xestión máis eficiente, evitando atrasos na resolución de incidencias, perdas no abastecemento ou infiltracións nos sistemas.

Durante os dous días de traballo,  os asistentes afondarán nas actuacións desenvolvidas nos últimos meses en Noia. tratase de  dixitalizar a información solicitada nas redes de saneamento e abastecemento do municipio.

A rede de saneamento foi inspeccionada e  cartografada baixo a dirección de Augas de Galicia, alcanzándose os máis de 60 km de rede examinados. Partindo desta información, xeráronse modelos matemáticos para estudar o funcionamento actual da rede de colectores e propoñer medidas que o melloren.

Doutra banda, a rede de abastecemento do municipio foi tamén dixitalizada coa colaboración dos técnicos do  Concello, o cal simplifica a consulta e actualización dos datos dos compoñentes da rede e proporciona unha maior axilidade nas tarefas de operación e mantemento da infraestrutura. No tramo final do traballo realizáronse tarefas de estudo para a instalación de sensores que midan en tempo real o funcionamento do sistema.

Piloto de contadores de auga intelixentes

Tamén, no marco do proxecto, despregouse unha rede denominada IoT que conecta sensores á plataforma Aquamundam, destacando os contadores domiciliarios con lectura remota. Esta experiencia, centrada no centro histórico de Noia, servirá para comprobar en condicións reais as posibilidades que ofrecen estes equipos para contribuír a unha mellor prestación do servizo de abastecemento.

A instalación destes equipos facilitará a lectura de consumos sen acceder ao interior das vivendas, feito de especial relevancia na actual situación de pandemia pola covid-19. Ademais, os contadores para instalar ofrecen maior información diariamente e contribuirán a identificar posibles avarías, como fugas e roturas, de maneira máis áxil.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial