Noia inaugura a exposición ‘Pantoque Vía 1/ Mar de Noia’

0

Noia, 24 de agosto do 2020 – O Concello de Noia ven de inaugurar a exposición de arte multidisciplinar ‘Pantoque Vía 1/ Mar de Noia’ no Museo do Mar de Noia.

‘Pantoque Vía 1/ Mar de Noia’ amosa o día a día dun estaleiro e dos seus traballadores a través de disciplinas como o debuxo, a escultura, a fotografía e o vídeo. Durante un ano Ramón Trigo e Eduardo Armada conviviron cos traballadores do estaleiro Armada de Bouzas de Vigo para coñecer en primeira persoa a realidade desta profesión e para atopar inspiración para unha obra multidisciplinar.

Noia inaugura a exposición ‘Pantoque Vía 1/ Mar de Noia’Ramón Trigo recoñece que cando empezaron esta aventura non sabían ben como remataría. “Para min todo era novo, no estaleiro todo estaba dimensionado, todo é diferente. Foi un luxo poder ser testemuña desta realidade”, apunta Trigo. Eduardo Armada encargouse de recoller o proceso creativo. Segundo as súas propias palabras, o seu traballo consistiu en “perseguir a Ramón Trigo e documentar o que alí pasaba”. Esta visión que aportan o documental e as fotografías constitúe un material único, posto que, como explica Armada, “cando ves o traballo que hai detrás dun cadro, valóralo máis”.

na inaguración participaron o alcalde de Noia, Santiago Freire; a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez Carballo; a Xerente do GALP Costa Sostible, Manuela Oviedo; o artista plástico, Ramón Trigo, e o fotógrafo Eduardo Armada. 

O alcalde de Noia subraiou que “esta exposición non implica a inauguración do Museo do Mar. Decidimos que fose este espazo o que acollese a mostra, posto que está moi vencellada á actividade náutica. Ao mesmo tempo, cremos que é unha oportunidade para dar a coñecer este emblemático edificio”. O Museo do Mar construíuse nos últimos dous anos, e inaugurará a súa colección museística que aínda ten que completarse nos vindeiros meses.

Noia inaugura a exposición ‘Pantoque Vía 1/ Mar de Noia’Museos vencellados á cultura do mar

Esta exposición está promovida no marco do proxecto de cooperación interterritorial e trasnacional Pasaporte REMA. É unha iniciativa promovida por todos os GALP galegos e financiada polo Fondo Europeo Marítimo de Pesca (FEMP), que ten por obxecto a dinamización dos espazos de contido museístico atlántico.

A Xerente do GALP Costa Sostible, Manuela Oviedo, explicou que este organismo “ten como misión dinamizar as zonas costeiras, e unha das actividades para acadar este obxectivo é, precisamente, a posta en marcha desta exposición temporal para atraer á poboación local e foránea aos museos e dotalos de vida”. Pola súa banda, a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, valorou moi positivamente esta iniciativa que promove a cultura do mar a través destes centros museísticos.

Noia inaugura a exposición ‘Pantoque Vía 1/ Mar de Noia’A mostra poderase visitar durante o vindeiro mes e medio, en horario de 11:00 a 14:00 horas de martes a sábado, e de 17:30 a 20:30 horas de martes a venres.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies