Piden que se investiguen os retrasos na apertura do Museo do Mar de Noia

0

Noia, 18 de setembro do 2020 – O Psoe ven de presentar no Parlamento de Galicia unha pregunta oral en Comisión  sobre o uso dos fondos destinados á ampliación do Museo do Mar de Noia.

O Deputado socialista Martín Seco reclama da Xunta que investigue ao alcalde de Noia pola “posible estafa” de 665.000 euros procedentes da UE da Deputación, da Xunta e do Concello para a ampliación do Museo do Mar.

O responsable socialista insta á Xunta a que se dirixa ao Concello para “esixirlle levar a cabo o Museo do Mar”, que é para o que estaban financiadas as obras. Reclamou unha “vixilancia estrita” e unha “labor de investigación do alcalde do PP” por que, advertiu, “non sexa que acabe con denuncias na UE por malversación de fondos comunitarios”.

Piden que se investiguen os retrasos na apertura do Museo do Mar de Noia

Imaxe de arquivo da fachada do Museo do Mar

Seco lembrou que o Museo do Mar recibiu en 2017 un investimento de 665.000 euros con financiamento do Fondo Europeo do Mar, participado nun 15 por cento pola Xunta, da Deputación e do mesmo Concello para ampliar as instalacións. Sen embargo, logo da súa apertura o alcalde pediu publicamente ideas para utilizar a infraestrutura, que polo momento albergou unha exposición itinerante da Rede de Museos Atlánticos, sen amosar intención de recuperar o Museo do Mar.

Fondos finalistas

O parlamentario explicou que os fondos comunitarios estaban destinados a ampliar o espazo expositivo, incrementar o espazo dispoñible para atender ao volume de visitas do Museo, realizar un inventario do material da Asociación Mar de Noia e mesmo contratar persoal que permita manter as instalacións en funcionamento.

O socialista lembrou que a Asociación foi constituída en 2004 para a defensa do patrimonio noiés, e abriu o Museo do Mar na antiga Praza de Abastos, cedida polo Concello en 2012. En 2015 recibiu 250.000 euros do Concello para a remodelación dos equipamentos e instalacións e, finalmente, en 2017 pechaba para comezar as obras de ampliación.

Unha non apertura

O certo é que o Museo do Mar segue sen abrirse. Na inauguración da exposición “Pantoque vía 1” o alcalde da vila, Santiago Freire, dicía que a mostra era un xeito de dar a coñecer o edificio e de comezar a colección propia do Museo do Mar que “terá que ampliarse nos próximos meses”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial