Noia, 16 de novembro do 2020 – O concello de Noia ven de mellorar a seguridade viaria nos accesos aos lugares de Valconde e O Pirillueiro.
Noia financiou estas melloras grazas a unha subvención do Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020 -2021, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.
A axuda, que ascendeu a 30.142 euros, serviu para acondicionar as vías de entrada a terreos agrícolas. Neste caso, actuouse na que dá acceso a Valconde e O Pirillueiro.
Por unha banda, a actuación supuxo a mellora na comunicación entre os núcleos de Sabardes e O Pirillueiro e, pola outra, do tramo que une a zona de San Breixo con Valconde.