Noia, 27 de decembro do 2021 – A Xunta aproba o proxecto melloras para a zona da Barquiña que inclúe a construción dunha nova glorieta.
O cruce da Barquiña terá unha nova rotonda con 13 metros de radio. A insfraestrutura terá ademais unha illa interior de 2 metros, unha calzada de carril único de 6 metros e beiravías interior e exterior.
A intervención na zona supón un investimento de case 1,15 millóns de euros. Levarase a cabo tamén a renovación da capa de rodadura da estrada e a redistribución de anchuras da sección transversal, dotándoa dun itinerario peonil accesible nunha das marxes do treito considerado.
O proxecto contempla a renovación das beirarrúas desde a nova glorieta ata a alameda de Noia, deixando a vía cun carril por sentido e dotándoa dun itinerario peonil accesible nunha das marxes, con aparcadoiro na dereita.
No primeiro semestre de 2022 convocarase o levantamento das actas previas das expropiacións e licitaranse as obras, para comezalas no segundo semestre do ano.