Noia organiza unha xornada sobre economía circula

0

Noia, 12 de maio do 2021 – O concello de Noia organiza unha xornada sobre Bioeconomía e Economía Circular no edificio do Casino da vila.

A cita será o vindeiro día 21 de maio as sete da tarde. A xornada leva por título “Cara a unha economía local rexenerativa” e forma parte do proxecto europeo Circular Labs, no que a Fundación Paideia Galiza toma parte xunto con outras 10 organizacións.

Circular Labs ten como principal obxectivo a integración da Economía Circular en novos modelos de negocio, e acelerar a transición dun modelo “lineal” a un modelo “circular” baseado na eficiencia no uso dos recursos.

No primeiro Podcast de Lindeiros tedes máis información sobre economía circula nunha ampla conversa co catedrático Xavier Vence. Podedes unirvos no seguinte enlace

As prazas para a xornada de Noia son limitadas polo que a inscrición é necesaria. Podedes anotarvos na web de Paideia.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial