Noia revisa proxectos nunha reunión coa presidencia da Xunta

0

Noia, 17 de febreiro do 2021 – O alcalde de Noia, Santiago Freire, reuniuse co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, para tratar diversos proxecto para a vila.

Na reunión estivo tamén presente a concelleira de Economía, Facenda e Deportes de Noia, Laura Salgado García. Sobre a mesa estivo tamén o proxecto para converter un antigo estaleiro, situado en Abruñeiras, nun edificio de usos náutico-deportivos. Na obra colaborarán a Secretaría Xeral para o Deporte, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello e está previsto que se execute este ano.

Saneamento

A situación do saneamento de Noia foi outro dos temas tratados na reunión con presidencia. Estudouse a posibilidade de construír unha nova EDAR; así como as obras de mellora do sistema de abastecemento, que contarán cun investimento de case un millón de euros.

Ponte Nafonso

En materia de infraestruturas, o Presidente do Executivo autonómico reiterou o compromiso coa reparación e posta en valor da Ponte Nafonso. O proxecto, licitarase a finais de febreiro ou principios de marzo co obxectivo de que se poida executar no segundo semestre de 2021.

No eido educativo, confirmou a execución no verán da rehabilitación integral do IES Campo de San Alberto, cun investimento de máis dun millón de euros.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial