Nós tamén fomos emigrantes, unha nova exposición en Melide

0

Melide, 27 de novembro do 2020 – O concello de Melide, coa colaboración de Afundación, inaugurou a exposición Nós tamén fomos emigrantes.

Trátase dunha colección de fotografías, da Axencia EFE, sobre a emigración española no século XX.  Na apertura da mostra, na Sala de Exposicións do Centro Sociocultural Mingos de Pita, contou coa asistencia de José Manuel Pérez Penas, alcalde; Maika Basalo Santín, concelleira de Cultura; José Manuel Vilariño, responsable Banca Institucional A Coruña ABANCA; Marité Cores, coordinadora da Área de Cultura de Afundación; Alberto Varela Reiriz, director de Zona de ABANCA e Lois Fernández, director da oficina de ABANCA en Melide.

A exposición permanecerá aberta ao público ata o vindeiro 18 de decembro, en horario de luns a venres de 17.00 a 20.30 h.

Corrente Cultural

Esta colaboración é parte do proxecto «Corrente cultural», que considera a arte como un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo. Grazas a este proxecto, Afundación, a Obra Social de ABANCA, impulsa a capilaridade da cultura en Galicia, ampliando a oferta artística alén das súas sedes e trasladándoa ás localidades galegas para desenvolver tamén nelas as actividades da entidade.

A exposición consiste nunha selección de corenta fotografías da emigración, tanto española como galega, procedentes dos arquivos da Axencia EFE. O obxectivo é o de tratar de achegarnos a esa realidade histórica a través dunha síntese fotográfica das migracións mediante a mirada profesional e humana dos fotoxornalistas da época. É a historia de «millóns de españois que tiveron que abandonar a súa terra para sobrevivir», en palabras de Miguel Ángel Gozalo, director da Axencia EFE entre 1996 e 2004.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial