Nova autoescada para o GES de Brión

0

Brión,  de xullo do 2021 – O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, visitou o Grupo de Emerxencia Supramunicipal (GES) de Brión e coñeceu a nova autoescada mercada polo concello.

Rueda destacou o papel dos 29 GES, e os 4 servizos municipais, que operan na comunidade. A Xunta aporta este ano case cinco millóns de euros o que supón a metade do necesario para o seu mantemento anual.

Na visita estivo acompañado polo alcalde de Brión, Pablo Lago Sanmartín, e nela asistiron á presentación oficial da nova autoescada comprada polo Concello para o GES. O alcalde destacou que se trata de “Un vehículo que polas súas características e equipamento, vai marcar un antes e un despois nas intervencións do Grupo de Emerxencias Supramunicipal , pois está especialmente preparado para actuacións en altura, equiparable ao existente en calquera parque de Bombeiros”,

O alcalde brionés agradeceu publicamente o compromiso do vicepresidente da Xunta con Brión, “que se traducirá na incorporación dun novo equipo de excarceración para o GES e dun novo coche para a nosa Policía Local”. Ademais, o vicepresidente tivo ocasión de ver sobre o terreo a necesidade de ampliar as actuais instalacións do Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Brión.

Financiamento dos GES

O Goberno galego incrementou en 300.000 euros o financiamento destes grupos debido á incorporación dos novos creados o ano pasado no marco da Comisión de Seguimento dos GES da que forman parte a Xunta, as deputacións e a Federación Galega de Municipios e Provincias. Trátase 5 novos GES -2 na provincia de Ourense con sedes en A Veiga e Maceda e 3 na de Pontevedra con bases en A Lama, A Cañiza e Mos/Redondela, este último cunha subsede en cada un dos dous municipios- xunto co servizo municipal de Noia.

Alfonso Rueda explicou que estes novos grupos axudarán a completar o mapa de emerxencias da comunidade garantindo unha cobertura en todo o territorio. Engadiu que “coa decisión de mellorar o servizo municipal de Noia, non só se melloran os tempos de resposta nos concellos que pasa a atender, Noia, Porto do Son e Lousame, senón que se conseguen os mesmos obxectivos para o GES Santiago A Barcala con sede en Brión ao liberalo de carga de traballo”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial