Nova edición de Oroso Góis Arte

0

Oroso, 12 de xullo do 2021 – Esta fin de semana inaugurouse lna localidade lusa de Gois unha nova edición do Oroso Gois Arte que reune a artistas de 25 países.

O alcalde de Oroso, Luis Rey Villaverde, e a concelleira de Cultura, Vanesa Boo, participaron en Góis na inauguración dunha nova edición do certame internacional. A exposición inclúe este ano como novidade unha mostra no concello Pontevedrés de Cangas antes de chegar, en setembro, a Oroso.

 Luís Rey dixo na súa intervención que “Quero agradecer a invitación da presidenta da Cámara, Lurdes Oliveira, e o agarimo co que sempre nos tratades na vosa casa, que xa tamén a sentimos como nosa desde hai anos; é ademais a miña primeira visita a Góis como alcalde de Oroso”.

Rey engadiu que “Oroso e o noso concello irmán de Góis abrimos un ano máis a fiestra da expresión artística para que os creadores ensinen aos nosos veciños a súa visión da realidade a través da pintura, a fotografía e a escultura”.

Tanto o alcalde de Oroso como a presidenta da Cámara Municipal de Góis e a concelleira de Cultura de Oroso destacaron a calidade das obras, moitas delas con rererencia aos momentos máis duros da pandemia do Coronavirus.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial